sábado, 31 de diciembre de 2011
ENTRE O CONSERVADURISMO E O POSTMODERNISMO
miércoles, 28 de diciembre de 2011
A COMUNICACIÓN NAS ARTES PLÁSTICAS
Mais tamén, aparte da comunicación, as artes plásticas queren ter coa sociedade, e coa súa cidadanía uns transvase de reflexións, de actividades participativas, para así completar esa comunicación tan necesaria da relación entre creadores e público.
O público interesado nas artes plásticas, vai completar e complementar o aportado pola visión do propio artista, o ser este público, o que reciba , complete e forme tamén a súa propia visión das cousas, coas súas reflexións, críticas e aportacións.
viernes, 23 de diciembre de 2011
SEGUIRÁN OS RECORTES
Unha vez mais os conservadores, consideran a cultura algo sustituible, algo secundario, non dándose conta que a cultura e as artes, ademais de coñecementos aportan riqueza para un pais, o xenerar beneficios económicos e postos de traballo.
Outro tanto lle ocurre a Investigación, co cal mal nos vai ir, sin o desenrolo preciso das artes e das investigacións, paralizase dalgunha maneira as iniciativas, a creatividade, e as oportunidades, que sempre xeneraron riquezas, tanto materiais como espirituais, da formación, coñecementos e creatividades humanas.
lunes, 19 de diciembre de 2011
EXPOSICIÓN COLECTIVA NA GALERÍA CITANIA
Dende a figuración a abstración, dende traballos en lenzo , tabla e papel, pintura, debuxos e gravados, xunto tamén a escultura.
Dende Xulio Maside, Pardiñas, Morquecho, Figueiras, Vicente Prego, Aurichu, Nolo Suárez, Baldo Ramos, Cruz Pérez, en pintura, e Alvaro de la Vega e F. Pazos en escultura. Todo un bó acontecmento como remate do ano e para os que gusten da arte, pintura e escultura que se está a facer actualmente por estes artistas. Parabéns logo os responsables da Galería Citania, Euloxio Ruibal e Montse Nieto.
sábado, 3 de diciembre de 2011
DÍA DE AUGA E VENTO
Soplaba o vento con forza e a auga caiga a chaparróns, un remuiño de ar levoume o paraugas deixandome a intemperie, entre a auga e o vento.
Molleime, recordando aqueles invernos tamén de augas, de xogos aínda chovendo, mollados para a casa, logo abrigandose e cambiando a roupa mollada.
Na retina e no maxín, quedaron imaxes líquidas, non moi claras, sensacións de humidades e auga, que fun recollendo, que fun logo elaborando, compoñendo, humedecendo, nos papeis e nas taboas, ata que foi saínda algo pictórico, que recollía aquelas sensacións dos corpos e as miradas molladas.
sábado, 26 de noviembre de 2011
EN RECORDO DE MANUEL VALEIRAS
Atopei fai uns días o amigo e compañeiro de cuestións artísticas dos anos 80, Luis, que tamén formou parte no inicio de ANAKOS, e comentoume que o tamén amigo e compañeiro, que tamén estuvera o inicio en ANAKOS, o escultor Manuel Valeiras, facía un tempo que había falecido.
Por eso quixen facerlle un pequeno homenaxe, polos momentos, xuntanzas, exposicións, e charlas que compartimos. Manuel Valeiras, estudara en Mestre Mateo escultura, e log estuvo varios anos co escultor de Bonaval, Fernando García. Destacaba o seu traballo coa pedra, donde lle daba formas conxugando certa figuración, con elementos mais xeométricos, mais próximos a abstracción, mais sempre con referentes, a temas diversos.
Amigo Manuel, os que che coñecimos, teremos recordos por tempo teus daqueles anos 80, de intensidade artística, sobre todo pola zona vella Compostelán.
DESPROPORCIONADA ACCIÓN POLICIAL
Si ben é certo, que o metodo da okupación de locales abandonados non é a mais axeitada, como neste caso, para reivindicalos como locales para a cultura, as cousas teñen que levarse polo camiño do diálogo, da flexibilidade, da comunicación, de achegamento de posicións, antes de utilizar a forza e a violencia, por ambas partes.
Mais si é certo que o cine Yago, está abandonado, a punto de derrumbarse, e cumpre que o Concello axilize os tramites necesarios, para restauralo e poñelo a funcionar como local cultural de diversas actividades, e non facer o que fan, levar toda a actividade cultural para a Cidade da Cultura.
sábado, 19 de noviembre de 2011
HOMENAXE A LUIS SILVOSO
E é que Luis ben a merecía, pois era unha persona amable, preocupado e interesado polos artistas que levaba, que lle facía exposicións na súa galería, conversador e amigable. Sentín non poder ir a citada homenaxe, mais logo, pensando nos momentos e exposicións que tuven con él, foime saíndo un pequeno traballo, como a miña homenaxe particular dende a propia pintura.
lunes, 14 de noviembre de 2011
NOVE ANOS DO "DESPRESTIGE"
sábado, 12 de noviembre de 2011
PROCESO CREATIVO
viernes, 21 de octubre de 2011
SUPRIMEN AS AXUDAS AS ASOCIACIÓNS CULTURAIS
lunes, 10 de octubre de 2011
EN RECORDO DE LUIS SILVOSO
jueves, 6 de octubre de 2011
EN DEFENSA DAS LIBRERÍAS
jueves, 22 de septiembre de 2011
COLECCIÓN DE ARTE DE LITONOR
martes, 30 de agosto de 2011
VIVENCIAS E EXPERIENCIAS NA ARTE
martes, 9 de agosto de 2011
FAME NEGRA EN SOMALIA
NON AS TOURADAS
viernes, 17 de junio de 2011
PROXECTO CÁRCERE
jueves, 16 de junio de 2011
ENFRONTAMENTOS DOS DO 15M
miércoles, 15 de junio de 2011
ENTRE ARTISTAS AMIGOS
miércoles, 8 de junio de 2011
ENARBORAR O BOSQUE
domingo, 29 de mayo de 2011
ARTE E COMPROMISO
jueves, 26 de mayo de 2011
MALOS TEMPOS PARA A CULTURA
domingo, 15 de mayo de 2011
O ESCANDALOSO DENTRO DA ARTE CONTEMPORÁNEA
Pois o parecer xa levamos uns anos donde certas manifestacións da arte contemporánea destacan polo escandaloso, escatolócico, mal gusto, uso de calquer cousa, coa mensaxe implicita do "todo vale". E así asistimos a espazos cheos de ovos de galiñas, de escombros, de bolsas da basura, de restos de comidas, de carnes envoltas en trapos, de animais discados ou en formol, de merda de cabalos, animais vivos, etc. Mais o curioso de todo esto, e que estas obras ou exposicións, teñen boas críticas a maioria das veces, levan premios, ou son seleccionadas para Bienais ou mostras internacionais, co beneplácito dos entendidillos do mundo da arte.
Mais a mín como a outros moitos producenme certo rechazo, certa incomprensión e desacougo, mais tamén forza para seguir co meu traballo e cos meus proxectos, coas miñas innovacións e reflexións, coa relación entre ética e estética, con compromiso dende o traballo ben feito, e non solo para provocar, baleirar de contidos artísticos as obras ou simplemente chamar a atención.
sábado, 14 de mayo de 2011
SENSACIÓNS DO LUGAR
viernes, 6 de mayo de 2011
MAIS CRÍTICAS A CULTURA OFICIAL DA XUNTA
jueves, 5 de mayo de 2011
ENCONTRO EN BREOGANIA
martes, 3 de mayo de 2011
ENTRE AMIGOS E POETAS
lunes, 25 de abril de 2011
MAIS CINE GALEGO
jueves, 21 de abril de 2011
EN DEFENSA DA VIDA E DA NATUREZA
Mais tamén é certo que moitos de nós andamos con frecuencia a procura de actividades artísticas e culturais colectivas, a participar de diversas formas en cousas que nós preocupan como artistas e tamén como cidadáns. Así agora nestes momentos concretos, andamos varios de nós a participar tanto en manifestos, encontros e exposicións, donde a defensa tanto da vida como da natureza teñen unha presenza importante.
Así temos a participación en iniciativas como : "En contra das nucleares" , "Enarborar o bosque", "Ponte no medio, móvete polo territorio". Esperemos que todas estas iniciativas, xunto con outras novas que poidan xurdir, teñan o éxito esperado, e sirvan para contribuir a defensa da vida e da natureza e dunha sociedade mellor. Saúdos.
martes, 19 de abril de 2011
VOLVEN TEMPOS DE CENSURA
lunes, 18 de abril de 2011
NUCLEARES NON
viernes, 15 de abril de 2011
CONTRA DAS GUERRAS
miércoles, 13 de abril de 2011
FORO DE DEBATE EN ACHEGARTE
sábado, 9 de abril de 2011
" ACHEGARTE"
Así pois un amplo abano de posibilidades, de innovacións, de propostas, mais sobre todo de creatividade viva da xente do noso Pais. Algo que contrasta sin embargo co pouco apoio institucional que recibe a nosa creación, xa que algúns (os da Xunta atual) empeñánse en que cultura e o que xira entorno o Xacobeo, a cidade da cultura, os os grandes eventos e espetáculos.
Cousa mois distinta do que había en Achegarte, cultura feita polos sectores profesionais, que ademais houbo debates, mesas de traballo, para logo dar lugar a un manifesto, e as conclusión dos distintos foros abertos a participación da xente implicada na cultura, coas súas aportacións e inquedanzas. Todo un exemplo a seguir en sucesivas convocatorias, que cada vez ademais teñen mais éxito.