viernes, 17 de junio de 2011

PROXECTO CÁRCERE



Tuvo lugar fai uns días un proxecto moi interesante levado a cabo por varios artistas, algúns deles amigos, na cárcere da Coruña, que se chama precisamente Proxecto Cárcere, para abrir a cárcere a liberdade creativa, con diversas actividades culturais e artísticas.



Así a cárcere, que foi lugar de represión e de falla de liberdade, e que hoxe en día está desocupada, ocupouse pola xente da cultura para crear en liberdade, pinturas, instalacións, poesías, fotografías, etc. , coa finalidade de reclamar este espazo para a cultura, para que a cidadanía a utilice , par potenciar a liberdade creativa.



Así pois unha iniciativa interesante, para poñer en valor cultural un lugar emblemático da Coruña, nun momento dificil para creadores, que teñen dificultades para mostrar os seus traballos e as súas propostas, que ademais fanse cousas compartidas, establecense novas relacións e propostas, nun novo clima de liberdade, de entusiamos e de creación. Parabéns a todos os organizadores e colaboradores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario