Saimos a navegar con vento favorable, nun día de inverno que mais parecía de primaveira, o sol brilaba entre nubes, e o vento soplaba sin demasiada forza, xusto o necesario para navegar no veleiro de Manuel Nieto pola ría de Muros ata perto de PortoSin.
Primeiro dende o porto a remos ata o yate, un esforzo e pericia de Manuel Nieto, que era o navegante experto. Logo no yate, xunto o seu cuñado Julio, o amigo Nando e mais eu, alí levaron o peso da navegación Nietto e Julio, Nando e mais eu, axudamos no que podíamos, e tamén soupemos gardar o equilibrio que é unha das cousas importantes.
Algunhas rafagas de vento poñían o velero a proba de inclinación, as ondas do mar salpicaban, a auga salgada moi perto, hinchaban as velas, tensaban as amarras, e como catro expertos marinos, fixemos unha navegación intensa, ata con doble xiro pola pericia do Nando o timón.
Un día e unha navegación para o recordo, co disfrute dun bon día e de boa compañía, de amigos e compañeiros que supimos cumprir na navegación, mais tamén con prudencia e respeto por un mar que ten a forza da inmensidade, da beleza e da vida.
Un saúdo.
Ehem, Nolo, o do doble xiro mellor ímolo deixar para as muiñeiras¿Paréceche?Unha aperta e quedamos para outra singradura.
ResponderEliminar