jueves, 17 de febrero de 2011

A NECESIDADE DA CULTURA


Nestes tempos que corren, a situación económica derivada da crisis económica, que levou a moita xente o paro, é a maior preocupación dos cidadáns, e tamén debería ser a dos políticos.

Deberían estes escoitar mais os cidadáns, as súas necesidades, os seus problemas, así como as súas organizacións, tanto sindicais, como de veciños, culturais e sociais. E non como están a facer, escoitando mais os mercados, que foron en gran parte os culpables da crisis.

A crisis, que xa non é solo de falta de traballo, sinón tamén de valores, tamén afecta o mundo da cultura, cultura que algúns gobernantes pensan que poden prescindir ou minimizar, retirando apoios e subvencións, aproveitando a crisis, e decindo que hai outros prioridades.

Mais a cultura e necesaria para o ser humán, para adquirir coñecementos e ser mais reflexivos e creativos, e tamén a cultura e a arte xeneran riqueza e postos de traballo.

A cultura sirve para potenciar a nosa singularidade como pobo, con sinais de identidade propios, con unha lingua, patrimonio e tradición, e tamén con historia e contemporaneidade, que nos vai a axudar a afrontar os problemas, e tamén as crisis, con mais iniciativas e vontade.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario