domingo, 29 de mayo de 2011

ARTE E COMPROMISO



A arte, e polo tanto a pintura, ademais de reflexar a contemplación , a observación e a interpretación das cousas, da natureza, da vida, tamén ten que levar en ocasión reflexión e compromiso coas causas xustas. Como é o caso das agresións a natureza, os animais, as persoas.



Por eso ante os utimos casos de violencia de xénero, donde as mulleres siguen a ser as victimas, donde aínda sigue a imperar unha sociedade machista, os artistas temos que tomar partido ante esta lacra social, que lexos e disminuir e desaparecer, sigue a golpearnos con demasiada frecuencia hoxe en día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario