jueves, 6 de octubre de 2011

EN DEFENSA DAS LIBRERÍAS



Fai moitos anos, cando dende logo era mais novo, entrar nas librerías era como entrar nun mundo máxico, alí estaban cheas de libros que se podían consultar dende historias, fantasías, viaxes, libros de arte, novelas, literatura clásica, etc.



Agora, que tamén vou, un vai con menos tempo, miranse as novidades, libros de arte, e algo que chame a atención. As librerias están a ter problemas, tanto de público, como de venda de libros. Aínda por riba a Xunta non lle paga o que lles debe, co cal está contribuindo a que teñan que seguir pechando.



E importante, tanto para nós como lectores, para a cultura e para o noso Pais, que sigan existindo as librerías, como punto de encontro cos libros, co saber e cos coñecementos.



Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario