sábado, 26 de noviembre de 2011
EN RECORDO DE MANUEL VALEIRAS
Atopei fai uns días o amigo e compañeiro de cuestións artísticas dos anos 80, Luis, que tamén formou parte no inicio de ANAKOS, e comentoume que o tamén amigo e compañeiro, que tamén estuvera o inicio en ANAKOS, o escultor Manuel Valeiras, facía un tempo que había falecido.
Por eso quixen facerlle un pequeno homenaxe, polos momentos, xuntanzas, exposicións, e charlas que compartimos. Manuel Valeiras, estudara en Mestre Mateo escultura, e log estuvo varios anos co escultor de Bonaval, Fernando García. Destacaba o seu traballo coa pedra, donde lle daba formas conxugando certa figuración, con elementos mais xeométricos, mais próximos a abstracción, mais sempre con referentes, a temas diversos.
Amigo Manuel, os que che coñecimos, teremos recordos por tempo teus daqueles anos 80, de intensidade artística, sobre todo pola zona vella Compostelán.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario