viernes, 23 de diciembre de 2011

SEGUIRÁN OS RECORTES


Pois é moi posible que sigan os recortes no tocante a cultura, e logo tamén as artes, pois o novo goberno suprimiu o Ministerio de Cultura, coa respectiva partida económica e aspectos que farían que tuvese un desenrolo mais intenso.
Unha vez mais os conservadores, consideran a cultura algo sustituible, algo secundario, non dándose conta que a cultura e as artes, ademais de coñecementos aportan riqueza para un pais, o xenerar beneficios económicos e postos de traballo.
Outro tanto lle ocurre a Investigación, co cal mal nos vai ir, sin o desenrolo preciso das artes e das investigacións, paralizase dalgunha maneira as iniciativas, a creatividade, e as oportunidades, que sempre xeneraron riquezas, tanto materiais como espirituais, da formación, coñecementos e creatividades humanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario