domingo, 13 de febrero de 2011

HOMENAXE A LUIS CARUNCHO


E sempre de celebrar que un pintor chegue os 80 anos e siga pintando con ilusión e certa continuidade. Esto é o que lle pasa o pintor coruñés Luis Caruncho, un dos máximos representantes a pintura xeométrica, e que ademais de pintor de longo recorrido, foi impulsor de iniciativa artísticas, como as mostras de Unión Fenosa, e tuvo responsabilidades dirixindo fundación ou museos, como este mesmo de Unión Fenosa. Pasou anos en Madrid, traballando e expoñendo, tamén en diversos paises do mundo, e as súas obras forman parte de numerosas coleccións de arte.

Por todo eso, e bon e merecido que teña unha homenaxe na súa cidade da Coruña, con unha exposición na Sala Municipal, que recolle obra en 7 momentos, como unha retrospectiva. E tamén a homenaxe que lle adicaron varios escritores e poetas na Coruña, como Xavier Seoane, Lino Braxe, Cesareo Sanchez, Fernan Vello, Anxeles Penas, entre outros.

Quizás falta tamén , unha exposición maior e mais extensa das súas obras, e tamén unha homenaxe de pintores, para que os actos da homenaxe fosen mais completos.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario