Aínda que o ano das Letras Galegas, adicado a Uxío Novoneyra, xa rematou fai uns meses oficialmente, para a Academia das Letras Galegas, acaba estes días con un congreso onde van a xuntar a distintos especialistas, escritores, poetas, e tamén as publicacións que se fixeron.
O parecer o retraso según a Academia foi porque a Xunta estuvo dando voltas e retrasando o citado evento, para o final non apoialo en nada, co cal tuvo que facerse cargo a propia Academia e o Concello da Coruña, que é donde se vai celebrar.
Tendo en conta que Uxío é un escritor e poeta fundamental para as nosas letras, mais sempre forte defensor da lingua e cultura galega, vinculado sempre o galeguismo e nacionalismo histórico, quizás tamén houbo outros motivos desta Xunta, que pouco apoia a cultura galega para negar os apoios para poñer en marcha o Congreso final sobre Novoneyra.
Algo que criticou con moi bon tino a propia Academia, e que debería ser extensivo a todalas persoas do mundo cultural, que traballamos pola arte e a cultura de este pais.
Eu dende logo sumome as críticas e protestas dos escritores e da Academia.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario