jueves, 21 de abril de 2011

EN DEFENSA DA VIDA E DA NATUREZA


Que a actividade artística é principalmente unha actividade individual é certo, xa que maioritariamente cada un de nós crea e traballa no seu taller, co seu estilo, cos seus materiais, coas súas ideas, compromisos, etc.
Mais tamén é certo que moitos de nós andamos con frecuencia a procura de actividades artísticas e culturais colectivas, a participar de diversas formas en cousas que nós preocupan como artistas e tamén como cidadáns. Así agora nestes momentos concretos, andamos varios de nós a participar tanto en manifestos, encontros e exposicións, donde a defensa tanto da vida como da natureza teñen unha presenza importante.
Así temos a participación en iniciativas como : "En contra das nucleares" , "Enarborar o bosque", "Ponte no medio, móvete polo territorio". Esperemos que todas estas iniciativas, xunto con outras novas que poidan xurdir, teñan o éxito esperado, e sirvan para contribuir a defensa da vida e da natureza e dunha sociedade mellor. Saúdos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario