Tendo en conta que as asociacións culturais do noso pais, que pasan das 1000, son as que realizan unha acción cultural e artística cercana a cidadanía, contando coa súa participación e fomentando por tanto a democratización real e social, non ten sentido o recorte e anulación de ditas axudas económicas por parte da Consellería de Cultura.
Xa dende distintos ámbitos culturais do pais, mostraron a súa disconformidade, xa que non se ve como unha cuestión tanto da situación de crisis actual, sinon mais ben como decisión política, para en cambio invertir en outras cousas que si lle interesan a Consellería. Perdese desta maneira, democracia, sociedade civil, sociedade cultural e participación directa, activa e creativa, xa que terán que pechar moitas delas, e outras terán que disminuir as actividades. Dende o campo artístico, tamén rechazamos estes recortes e anulacións de apoios a cultura activa e particpativa dos creativos e dos cidadáns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario