sábado, 9 de abril de 2011

" ACHEGARTE"


Tuvoi lugar fai uns días a feira da cultura galega "ACHEGARTE", na Coruña, organizada pola Concellería de Cutura, que ben dirixe Mª Xosé Bravo, e distintas asociacións da cultura, e que logrou xuntar alí a distintos sectores profesionais relacionados coa cultura galega, como escritores, música, poética, ilustración, artes plásticas, asociacións culturais, asociacións de diversas actividades relaciónadas coa cultura, fundacións, etc.
Así pois un amplo abano de posibilidades, de innovacións, de propostas, mais sobre todo de creatividade viva da xente do noso Pais. Algo que contrasta sin embargo co pouco apoio institucional que recibe a nosa creación, xa que algúns (os da Xunta atual) empeñánse en que cultura e o que xira entorno o Xacobeo, a cidade da cultura, os os grandes eventos e espetáculos.
Cousa mois distinta do que había en Achegarte, cultura feita polos sectores profesionais, que ademais houbo debates, mesas de traballo, para logo dar lugar a un manifesto, e as conclusión dos distintos foros abertos a participación da xente implicada na cultura, coas súas aportacións e inquedanzas. Todo un exemplo a seguir en sucesivas convocatorias, que cada vez ademais teñen mais éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario