Parece que algúns dos do 15M optaron pola vía do enfrentamento e da confrontación, é esta non e a mellor forma de denunciar problemas e buscarlle solucións, xa que ata agora tiñan outros metódos mais efectivos, concentracións, actos, xuntazas, redacción de propostas.
Moitos de nós, levamos anos xa indignados, polo paro, o poder da banca e os mercados, a falta de oportunidades para os xóvenes, a falta de apoio a cultura feita polos creadores do pais, .... Mais canalizamos estas protestas por outras vías. Participando a nivel individual e colectivamente, en grupos de opinión, en asociacións, en colaboracións con certas institucións, partidos políticos, asambleas, e outras formas, presentando alí iniciativas, as nosas problemáticas e as posibles solucións.
Mais tamén, cando estas propostas e iniciativas, non son tidas en conta, ou cando hai claras agresións o noso idioma e a nosa cultura, o medio ambiente, ou por causas xustas, salimos as rúas en manifestacións, concentracións e protesta, pero por medios pacificos, sin necesidade de enfrentamentos e confrontacións violentas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario