miércoles, 23 de febrero de 2011

A FORZA DO MAR


Nestes días pasados, de fortes tormentas, o mar ergueito na súa magnitude, mostrou a súa forza, o seu empuxe, deixando en moitas ocasións, esas obras dos humáns, como recheos, paseos marítimos, pantaláns, abrigos, medios desfeitos, e vindo o recordo aquela frase, de que o mar non se lle poden poñer cancelas.

Un mar para admirar, defender, aproveitar de forma responsable os seus recursos. Un mar de vida, as veces tamén de morte para algúns mariñeiros. Un mar de sorpresas e misterios.

Admiramos o mar, respetámolo, e pintámolo, no seu esplendor, coa súa forza, coas súas ondas,

para seguir disfrutando del, mais sempre co respeto e defensa que merece, e denunciando as agresións e contaminacións que algúns aínda seguen a provocar.

Eu seguirei pintando o mar, co seu esplendor, coas súas forzas, cos seus misterios.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario