Na Galiza, sempre se respetaron os bois e as vacas, que son necesarios para os traballos do campo, e para a cría de becerros, e para manter unha economía no rural. Pois iso aquí, nunca houbo interés polas corridas de touros, mais ben estas foron un espetáculo imposto, sobre todo no franquismo, donde as casi únicos espetáculos eran os touros e o fútbol.
Mais a quen lle interesen, que asista as corridas de touros, pagando todo o coste. O que non pode ser e que concellos como neste caso o da Coruña, pague parte de ese espetáculo con subvencións. Mentras, moitas iniciativas culturais e artísticas quedan sin apoio e con escasos apoios.
Eu súmome as divesas iniciativas e protestas, que están salindo estes días en Coruña e Pontevedra, en contra das touradas, xa que estas en ningún modo pode considerarse unha actividade cultural, o facer sufrir e logo matar a un animal como o touro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario