A música e a arte, teñen cousas en común, como ritmos, interpretacións, composicións, variacións, expresións..., ademais as dúas forman parte da expresividade e sensibilidade humana.
E fai uns días inaugurouse precisamente con este nome : A MÚSICA NA ARTE, unha exposición de arte colectiva na Coruña en Portas Ártabras-Amigos dos museos de Galiza, donde paticipo xunto a outros amigos e colegas, e donde dende distintas interpretacións os artistas participantes facemos unha reflexión fundamentalmente pictórica sobre esta relación.
Tamén case sempre, os artistas plásticos, mentras traballamos en solitario nos nosos talleres, escoitamos música, música diversa, dende folk, clásica, jazz, pop, rock, ... que nos axuda no proceso inspirativo e creativo, tendendo pontes e achegamentos nos resultados dese proceso creativo.
Así pois unha exposición interesante, diversa, creativa, que relaciona e fai unha homenaxe a música diversa que nos acompaña, que nos suxire, que nos axuda na inspiración e creación.
Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario