viernes, 15 de abril de 2011

CONTRA DAS GUERRAS


Estou tranquilamente pintando no meu taller algo relacionado co bo tempo que estamos a ter, coa entrada da primaveira, con cores amables que reflicten unha certa paz interior-exterior, coas agradables cousas que ten a vida.

De pronto o cambiar de emisora na radio, collo unha que está dando noticias de guerras, de mortes, de destruccións, en Serra Leona, Libia, outro ataque de Israel a Palestina, con mortes de civiles, de persoas que queren escapar das bombas, das balas, da destrucción e acaban sendo tamén victimas das malditas guerras.

Con cabreo e rabia teño que cambiar o que estaba pintando por outra cousa que unha vez mais sirva para decir non as guerras e si a paz.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario