Presento estes días xunto coa pintora Maribel dos Anjos, unha exposición na Sala do Polígono do Tambre, que se titula precisamente así : Dúas Propostas pictóricas : Maribel dos Anjos e Nolo Suárez. Cada un presenta a súas proposta, a miña e de : Ciclos elementais, e a de Maribel de Campos lineais.
Son dúas propostas diferentes, independientes, mais con puntos en común, como ese diálogo da pintura coa actualidade, coas novas visións e interpretacións, dende os propios elementos pictóricos, como liñas, trazos, manchas, chorreos, ata no meu caso uns referentes concretos e elementos de reflexión, sobre algunhas agresións a natureza, mentras que Maribel, centrase mais na cor, na dimensión espacial e arquitectura pictórica e en formas mais tendentes a abstración pictórica.
Diversidade e achegamentos, a imaxinación e a reflexión, a expresividade por medio da pintura, entrelázanse nesta mostra conxunta.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario