lunes, 25 de abril de 2011

MAIS CINE GALEGO



O audiovisual en Galiza está tendo cada vez mais presencia, interés e éxito, tanto por autores xa veteranos como polas novas xeracións que se están a incorporar, e esto e moi bon tanto para a industria cultural do audiovisual, como da cultura galega en xeral.



Así algunhas películas como , O lápiz do carpinteiro, 13 badaladas, 18 comidas, Retornos, Mar libre, Os Crebinsky, entre outras, son recoñecidas en festivais e premiadas. E estánse a facer novas de interés como A cicatriz blanca de Margarida Ledo, ou Doentes de Gustavo Balza e Antón Reixa, dan mostra do pulo e atualidade do cinema e audiovisual galego.



Así tamén quedou claro na entrega dos premios Mestre Mateo, e donde algúns dos premiados, como Miguel de Lira, criticou a Consellería de Cultura e o seu conselleiro, polo pouco apoio o audivisual e a reducción dun 50% das aportacións públicas. E este é un sector, como algúns outros da cultura, que necesita apoios económicos, xa que hai moitos gastos e inversións. Mais os nosos dirixentes políticos, solo entenden o parecer a cultura como negocio e mercado, e non como unha necesidade social, cultural e de coñecemento.



No hay comentarios:

Publicar un comentario