En certa medida as cousas gardadas na memoria de sensacións, lugares, feitos, vivencias, teñen unha presencia importante nas obras dos artistas plásticos, que logo vanse axustando no proceso creativo as formulas e os estilos que ten cada un.
Algo de esto foi o que tratei de expoñer na mostra : "Encontros en Breogania", xunto cos compañeiros, Alfonso Ramón, Nando Pereiro e Aurora Santos, e donde eu presento cadros que pertenecen a serie : SENSACIÓNS DO LUGAR.
Sensacións do Lugar, xa que de algunha maneira evocan as sensación que aínda manteño na memoria de estancias e vivencias polas terras das miñas aldeas, e tamén polo río Tambre, de estar nas mallas, de ver os traballos dos campos e das terras, as paisaxes nas distintas estacións do ano, de cores e luces, ... un pouco de todo esto está recollido o longo de anos, en pinturas, en cadros, que algunha vez van saindo , con emoción e interés, para recoller algo desas sensacións recollidas por esos lugares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario