martes, 22 de marzo de 2011

50 ANOS DA A.C. O GALO


Tuvo lugar estes días unha exposición dos primeiros 20 anos da A. C. O Galo, o cumprirse 50 anos da súa formación. Exposición no seu local de Compostela, mediante diversos paneis informativos, trae a memoria a formación desta asociación, unha das primeiras na defensa da lingua e cultura galega, en tempos díficiles como os do franquismo.

Exposición realizada pola labor intensa de diversas persoas e de diversos estamentos. Como Gurriarán da Fundación 10 de Marzo, o Concellería de Cultura de Compostela, e a propia A. C. O Galo, co seu presidente Oscar Refoxo. Precisamente a Oscar Refoxo, fixoselle unha homenaxe por levar tantos anos facendo posible que O Galo, a pesar de dificultades seguira adiante, facendo cousas e cantando.

Alí na inauguración atopámonos con antiguos membros, como Xulio Maside, Menani, García Bodaño, Oscar Refoxo, Encarna Otero, e outros incorporados mas tarde, como Chico, Manuel Vilar, Mauel Vázquez, Marcos, Adrián ,eu mesmo, e outros mais novos como Nando Pereiro.

Unha boa oportunidade para que a A. C. O Galo siga activo, con novas ideas e proxectos, e dende logo que siga cantando.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario