domingo, 20 de marzo de 2011

TEMPO DE OBSERVACIÓN e PENSAMENTOS


Nestes días que xa mellorou algo o tempo, mais que as noticias agobiannos co terremoto do Xapón, o sunami, e logo as fugas radiactivas na central nuclear de Fukushima, a contaminación pois de moita xente, ademais dos problemas pola falta de auga, luz, etc.

Tamén os problemas e gerra interna de Libia, os bombardeos, as matanzas, as armas de detrucción que lle venderon os Estados Europeos, que agora loxicamente critican o dictador Gadafi, que está masacrando o propio pobo.

Todo esto faime observar e pensar neste desenrolismo de acumulacións, de ter moitas cousas, de crecementos dos negocios, das especulacións, das enerxías non limpas , das armas para xerar negocios lucrativos.

E miro para o ceo, vexo as nubes limpas, os páxaros cruzando, a tranquilidade no ambiente, e penso, que debemos vivir mais despacio, disfrutando do que temos, das enerxías limpas que as ai, como o vento, o sol, a auga, a biomasa, a xeotermica. Polo que digo Non as Nucleares nin as armas.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario