domingo, 13 de marzo de 2011

NOS TEMPOS DO ANTROIDO


Andamos en tempos de antroido, e aínda que nas cidades cambiou bastante o incorporar novas formas, que as veces proveñen doutros lugares, polo que xa se denomina mais ben carnaval, tamén aínda se manteñen, principalmente nas zonas rurais, pobos e vilas.

En algunhas cidades combinan nos desfiles de carrozas, algunhas tamén de tipo tradicional ou que fan mención a traballos ou actividades nosas propias. Mais o antroido e tempo de disfraces, de troula, de cambiar de hábitos, de criticas os do poder, os caciques, de meterse coa xente de boas maneiras e divertidas. Por iso durante a dictadura estuveron prohibidos.

Un tempo por un lado de poñer en valor as nosas tradicións, que siguen os antroidos cos cigarróns de Laza e Verín, as pantallas de Xinzo, os xenerais do Ulla, o oso de Salceda, o rei de Covelo, entre outros, e tamén das críticas as situacións sociais e políticas, coas comparsas, lecturas de coplas, ou nos enterros do meco. Tempos de liberdade, divertimento, críticas e reflexións.

Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario