miércoles, 8 de junio de 2011

ENARBORAR O BOSQUE



Tuvo lugar o día 5 de Xuño, en celebración da defensa do medio ambiente a convocatoria de Enarborar o bosque, iniciativa do pintor Deli Sanchez e do colectivo Arteu, que xunto a outros artistas e asociacións como ADEGA, convocaban a distintos tipos de actividades artísticas nas beiras do río Tambre, na zona de Chaián.



Alí acudimos un grupo de xente, entre artistas plásticos, poetas, fotografos, músicos, magos, e tamén nenos, e familias, que entre todos fixemos unha xornada lúdica, festiva e tamén reivindicativa, cada un coa súa producción artística. No meu caso algo especial, xa que fun ata alí acompañado do escultor Nando Pereiro en bicicleta, logo de bastante tempo sin usala.



A xornada resultou de grande interés, e ademais as produccións alí feita, xunto con algunhas inspiradas na defensa da nosa natureza, serán logo expostas no CEIDA de Oleiros, co cal terán un valor engadido, a ser expostas o público as distintas obras , entre pinturas, fotografías, poesías, videos, xunto o manifesto de Enarborar o bosque. Así pois unha boa iniciativa, que debería ter continuidade en sucesivos anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario