lunes, 10 de octubre de 2011

EN RECORDO DE LUIS SILVOSO



Ainda están frescos os recordos da miña ultima exposición co amigo e galerista Luis Silvoso(recentemente falecido), na súa galería de Cambados, Borrón 4. Mantivemos varias conversas previas, e os dous estabamos ilusionados, pois era unha proposta algo novedosa, o xuntar dous elementos como a auga e a música. Elementos polos que os dous sentiamos bastante predileccións.



Logo na montaxe e inauguración, encaixar as obras no sue espacio, algo pequeno pero entrañable, as risas, as historias, as conversas cos amigos comúns, conversas entorno a arte e a cultura, as presentacións de novos amigos-as, a amabilidade e familiariade coa que nos recibía sempre Luis.



Así era él, de conversa amable, sempre tendendo a mán, suxerindo cousas, aceptandoas tamén, risas, historias, amizades, arte e cultura. Sempre estarás no recordo, como na composición de esa exposición conxunta de pinturas e amizade, o "Sons das Augas".

No hay comentarios:

Publicar un comentario