miércoles, 15 de junio de 2011

ENTRE ARTISTAS AMIGOS



Pois están tendo lugar estes días varias exposicións de artistas amigos, o cal me alegra moito, xa que é un momento de reencontro tanto con eles como con amigos comúns, de falar de novos proxectos ou no que estamos a traballar na actualidade.



Si fai uns días tuveron lugar as exposicións dos artistas amigos como Olmo Blanco, Vicente Prego, e na colectiva de mulleres "Que ves cando me ves", donde participan varias coñecidas, agora inauguran na Sala de exposicións do Poligono do Tambre, os tamén amigos, os escultores Nando Pereiro e Alfonso Rivero e o pintor Manuel Nietto. Todos eles de anos de traxectoria e de obras interesantes, o cal vai dar lugar a unha exposición colectiva moi interesante e orixinal, o combinar de forma intensa as formas e forza das esculturas co colorido das pinturas de Nietto, de ampla gama de cores, dende os azues ata os laranxas.



Así pois unha exposición interesante, digna de ver e disfrutar, donde a arte compostelán sigue a estar presente e activa, a pesar de atrancos e dificultades as veces, por parte de certas institucións, que solo pensan en modas e novidades que veñen de fora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario