Siguen a sucederse as críticas por diversos sectores da cultura galega a actual política cultural que esta a levar a Xunta centradas principalmente nos recortes presupuestarios, as baixadas das subvencións que van dende un 30% a un 50%, e os atrasos en pagar partidas económicas pendentes dende o ano pasado.
Así sectores como o do teatro e o do cinema e audivisual, agora estánse a sumar sectores das salas de actividades diversas, como a NASA, e tamén os divesos festivais que se estaban a facer no noso Pais en tempos anteriores, que ven recortados os presupostos ata tal punto que son inviables de facer.
Mais teñen razón estes sectores culturais, de que coa disculpa da crisis, o que están dende a Consellería de Cultura e a levar a cabo un plan para desfacer a cultura feita en Galicia por profesionais comprometidos coa lengua e a nosa cultura , por asociacións profesionais e demais, para sustituila por un cultura do espectáculo e celebridades, tipo Xacobeo, Catedral e Cidade da Cultura, ou festivais con moi pouca presencia de artistas galegos.
Mais a pesar das dificultades, seguiremos traballando e facendo propostas creativas, mirando novas formas de integrar os públicos e cidadanía, facendoa participe, para lograr unha nova cultura activa, democrática, progresita e participativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario