Soplaba o vento con forza e a auga caiga a chaparróns, un remuiño de ar levoume o paraugas deixandome a intemperie, entre a auga e o vento.
Molleime, recordando aqueles invernos tamén de augas, de xogos aínda chovendo, mollados para a casa, logo abrigandose e cambiando a roupa mollada.
Na retina e no maxín, quedaron imaxes líquidas, non moi claras, sensacións de humidades e auga, que fun recollendo, que fun logo elaborando, compoñendo, humedecendo, nos papeis e nas taboas, ata que foi saínda algo pictórico, que recollía aquelas sensacións dos corpos e as miradas molladas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario