martes, 8 de marzo de 2011

PINTURAS E FRACASOS, DE I. DÍAZ PARDO


Polémicas aparte, sexan o apartalo de Sargadelos, ou a do actual legado de documentos para a Cidade da Cultura, o que sí está claro e que I. Díaz Pardo, é un dos grandes persoeiros do noso pais, unha persoa fundamental na nosa historia, intelectual, artista, home emprendedor da cultura, con editoriais, escritos, xunto con Seoane do Laboratorio de Formas, das empresas de Sargadelos, cos seus deseños modernos partindo de feitos históricos, etc.

Mais neste caso, e a exposición de pintura retrospectiva na Casa da Parra, a que fala dos seus acertos e fracasos, aínda que para mín son todos acertos, alí están obras de tipo clásico dos primeiros anos de pintor, ata as obras mais modernas , de carteis de cegos, de figuras mais soltas, de certos elementos xeométricos, cores mais planos, etc.

Así pois, unha persoa importante que influiu nas novas xeracións, como no meu caso, que nos enseñou o amor pola arte, pola nosa cultura, polo noso idioma, pola nosa historia, e ademais unha persoa emprendedora que aportou riqueza e cultura o noso pais. Os seus fracasos, quedan completamente esquencidos, polos moitos acertos que tuvo lugar durante os seus moitos anos de traballos diversos.

Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario