Nestes tempos atuales, donde certa arte contemporánea, sobre todo ligada a modas de globalización e homoxeinización de certos museos de arte contemporáneo, está a prescindir da pintura, e de sinalar que aquí na nosa cidade nestes ultimos tempos volve a ter unha presencia importante, e ademais a pintura de dous composteláns de xeracións distintas, de traxectorias moi distintas, de aportacións tamén diferentes, mais moi interesantes.
Así tuvemos na Galería SCQ a mostra do pintor xoven Manuel Eirís, donde a pintura estaba retida en elementos de uso cotián no proceso pictórico, como paños, estropaxos, entre outros.
Por outro lado temos no Centro Cultural de Vite unha exposición pictórica do veterano artista compostelán "Doro", que levaba tempo sin mostrar os seus traballos, debido a dificultades personais, e aquí recóllese un pouco de diferentes traballos e de diferentes épocas, pasando dende o figurativo ata a abstracións informalistas.
Así pois, a pintura volve a ter un protagonismo en Compostela e por artistas composteláns, que sempre seguimos a traballar na arte e na pintura, independentemente de modas ou imposicións.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario