Tuvo lugar fai uns días un recital de poesía no DADODADA, para presentar a colección de poesía erótica que publica a Asociación Caldeirón en colaboración co Concello de Malpica. Alí atopei a vellos amigos poetas, que facía tempo non veía, como Paco Souto e Eduardo Estévez entre outros.
E con Paco Souto, falei algo dos tempos de fai anos, cando xunto con outros tamén poetas, puxeron en marcha Edicións do Dragón, e logo Letras de Cal, con iniciativas de recitais de poesía, e colaboracións de pintores e outros artistas, e donde tamén en algún número colaborei eu.
E pois de agradecer a personas como Paco, con distintas iniciativas culturais, poéticas e artísticas, que sigan a traballar en tempos difíciles como os actuales, na arte e na cultura de este noso pais. Agora co proxecto da Asociación Caldeirón, e co certame de poesía erótica, poesía de todas formas que fala dos sentimentos, do ser humán, das vivencias e experencias.
O amigo Paco, que xa leva anos en Malpica, anda tamén o percebe, mais sigue a ser un percebeiro de poemas, ideas e soños, para conquerir unha sociedade mais human e mais xusta, mais culta, reflexiva e combativa. Así que parabéns e a seguir con iniciativas culturais e artísticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario