Pois sí, parece que volven tempos de censura polas recentes manifestacións tanto do PP, como do Arzobispado, debido a exposición de arte do Auditorio de Galicica, Casus Belli-Refutación do contexto, donde se exiben obras que xa no seu momento foron refutadas, arrinconadas, ou ben prohibidas.
Así o que lles produxo mais rechazo os do PP e o Arzobispado, está o Cristo das Rias Baixas, do pintor Manuel Moldes, donde representa a un traballador cruzificado boca abaixo e desnudo, no contexto histórico de Pontevedra, e unha foto de Simón Pacheco con simboloxía relixiosa. Curiosamente o Cristo de Moldes, xa fora censurado fai uns 25 anos nunha bienal de Pontevedra, por xente do PP.
Ante esto temos que defender a liberdade dos artistas a expresarse, que é unha liberdade democrática, e que certamente as veces choca co gusto de certos políticos ou xente de outras ideas, mais ahí está a liberdade de quen non queira ver esas obras. O que é repudiable, e que o PP utilice de forma oportunista estes temas para desprestixiar a artistas, comisarios, e políticos que aceptaron esa proposta artística.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario