Unha definición de arte e de pintura , que me parece acertada e interesante e aquela que dí, que a arte e a pintura é o reflexo das experiencias sensibles, no caso da pintura o reflexo por medio das cores, debuxos, grafías, materiais diversos, das experencias vividas e sentidas.
Esto ven a conto pola exposición do meu amigo e compañeiro nesto da pintura, Manuel Nietto, que estes días expón na Galería Arte Imagen da Coruña, a súa exposición titulada : " Una mirada marina", donde recolle as súas experencias mariñas na ría de Muros, as súas navegacións, as salidas en velero, as visións en distintas horas e estacións do monte Louro, o porto, en definitiva mar, paisaxe e vivencias por aquelas terras.
Os que nos gusta o mar, sentimolo como un elemento mais das nosas vidas, das nosas vivencias, e dende logo qsueda reflexado no noso traballo pictórico, un mar para sentir, pensar, vivir e disfrutar, polo que temos que seguilo coidando e non estragalo con contaminacións ou malos usos, para seguir a navegar e sumerxirse entre ondas e pensamentos mariños.
Como fai o amigo pintor Manuel Nietto.
Un saúdo.