miércoles, 2 de febrero de 2011

ANDAN SOLTAS AS FRIAXES


Andan soltas as friaxes, texendo de branco os campos e as cidades, sobre todo os tellados destas, e os corpos tamén andan lentos, entumecidos pola friaxe, as mans frías apenas poden facer os movimentos de sempre, narices e ourellas roxas coas friaxes, a pel branca empapada tamén de frescas humidades.

Un tempo para abrigarse e protexerse, tempos de estar nas casas, mais a mente ten que seguir a funcionar, a inventar, a reflexionar, a pensar, a comunicarse e enterarse do que pasa o noso arredor.

Así mentras aquí temos que refuxiarnos dás friaxes, noutros paises, Tunez, Exipto, ..., as persoas saen as rúas para pedir cambios, democracia, xustiza e liberdade, e un mellor e mais equitativo reparto da riqueza, e fora os dictadores, corruptos e antidemocráticos.

Coas friaxes, tamén convén estar vixiantes, pois hai cambeos que non convencen, reformas que non favorecen os mais necesitados. A pesar do frío non quedaremos quietos, hai que moverse para espabilalo.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario