sábado, 5 de febrero de 2011

125 ANOS DO NACEMENTO DE CASTELAO


Castelao está considerado como unha persoa fundamental para entender a historia do noso pais, polas súas aportacións nos distintos campos, no artístico, na escrita, no cultural, no político e no social. A súa capacidade de traballo, levouno a poñer en marchas numerosas iniciativas culturais , e organizacións, que levaron o nome de Galiza, do galeguismo e do nacionalismo por diversas partes tanto de España como do mundo. O seu compromiso con Galiza, coas súas xentes, e sobre todo cos mais desfavorecidos, son motivo tamén de distintos traballos en distintos eidos. Compromiso tamén coa República, o poñer en marcha o Estatuto, e logo debido o golpe militar franquista, ten que marchar o exilio Arxentino, con outros compañeiros, levando tamén alá unha gran labor, nos distintos campos, mais sempre a defensa a lingua, a cultura, as melloras sociais e politicas para Galiza que centran os seus esforzos.

Morreu no exilio de Buenos Aires no 1950, logo anos mais tarde os seus restos foron traidos para o Panteón de Galegos Ilustres en Bonaval.

E neste ano 2011 cúmprese o 125 aniversario do seu nacemento, por eso sexan benvidas todas as iniciativas que o reivindiquen, como os actos que están a celebrar por todo o pais, Galiza Cultura.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario