Estes días cumprense xa 50 aos da publicación do libro importante do escritor Neira Vilas, "Memorias dun neno galego", libro fundamental na literatura galega xa que anota as caracteristicas rurais do noso Pais, o mundo do campo, nunha época determinada.
Neira Vilas que estuvo emigrado moitos anos en Arxentina e Cuba, alí desempeñou distintas funcións, mais sempre vinculado a cultura galega, a literatura, a cultura dos emigrantes galegos, formando parte das súas tertulias, grupos e asociacións culturais, amigo persoal de outros escritores e artistas , como no caso de Luis Seoane, que publicou libros de Neira Vilas, e ademais fixo a portada concretamente deste libro o que se lle rinde agora homenaxe.
Logo fai anos voltou a Galiza, xunto a súa muller, a escritora Anisia (recentemente falecida), e puso en marcha a fundación que leva o seu nome, na súa aldea natal de Gres, en Vila de Cruces, donde acumulase gran parte do seu traballo literario, biblioteca, museo, salón de actos, co cal sigue a ser un dinamizador da cultura galega e un patrimonio cultural importante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario