lunes, 25 de abril de 2011

MAIS CINE GALEGO



O audiovisual en Galiza está tendo cada vez mais presencia, interés e éxito, tanto por autores xa veteranos como polas novas xeracións que se están a incorporar, e esto e moi bon tanto para a industria cultural do audiovisual, como da cultura galega en xeral.



Así algunhas películas como , O lápiz do carpinteiro, 13 badaladas, 18 comidas, Retornos, Mar libre, Os Crebinsky, entre outras, son recoñecidas en festivais e premiadas. E estánse a facer novas de interés como A cicatriz blanca de Margarida Ledo, ou Doentes de Gustavo Balza e Antón Reixa, dan mostra do pulo e atualidade do cinema e audiovisual galego.



Así tamén quedou claro na entrega dos premios Mestre Mateo, e donde algúns dos premiados, como Miguel de Lira, criticou a Consellería de Cultura e o seu conselleiro, polo pouco apoio o audivisual e a reducción dun 50% das aportacións públicas. E este é un sector, como algúns outros da cultura, que necesita apoios económicos, xa que hai moitos gastos e inversións. Mais os nosos dirixentes políticos, solo entenden o parecer a cultura como negocio e mercado, e non como unha necesidade social, cultural e de coñecemento.



jueves, 21 de abril de 2011

EN DEFENSA DA VIDA E DA NATUREZA


Que a actividade artística é principalmente unha actividade individual é certo, xa que maioritariamente cada un de nós crea e traballa no seu taller, co seu estilo, cos seus materiais, coas súas ideas, compromisos, etc.
Mais tamén é certo que moitos de nós andamos con frecuencia a procura de actividades artísticas e culturais colectivas, a participar de diversas formas en cousas que nós preocupan como artistas e tamén como cidadáns. Así agora nestes momentos concretos, andamos varios de nós a participar tanto en manifestos, encontros e exposicións, donde a defensa tanto da vida como da natureza teñen unha presenza importante.
Así temos a participación en iniciativas como : "En contra das nucleares" , "Enarborar o bosque", "Ponte no medio, móvete polo territorio". Esperemos que todas estas iniciativas, xunto con outras novas que poidan xurdir, teñan o éxito esperado, e sirvan para contribuir a defensa da vida e da natureza e dunha sociedade mellor. Saúdos.

martes, 19 de abril de 2011

VOLVEN TEMPOS DE CENSURA



Pois sí, parece que volven tempos de censura polas recentes manifestacións tanto do PP, como do Arzobispado, debido a exposición de arte do Auditorio de Galicica, Casus Belli-Refutación do contexto, donde se exiben obras que xa no seu momento foron refutadas, arrinconadas, ou ben prohibidas.



Así o que lles produxo mais rechazo os do PP e o Arzobispado, está o Cristo das Rias Baixas, do pintor Manuel Moldes, donde representa a un traballador cruzificado boca abaixo e desnudo, no contexto histórico de Pontevedra, e unha foto de Simón Pacheco con simboloxía relixiosa. Curiosamente o Cristo de Moldes, xa fora censurado fai uns 25 anos nunha bienal de Pontevedra, por xente do PP.



Ante esto temos que defender a liberdade dos artistas a expresarse, que é unha liberdade democrática, e que certamente as veces choca co gusto de certos políticos ou xente de outras ideas, mais ahí está a liberdade de quen non queira ver esas obras. O que é repudiable, e que o PP utilice de forma oportunista estes temas para desprestixiar a artistas, comisarios, e políticos que aceptaron esa proposta artística.



Un saúdo.

lunes, 18 de abril de 2011

NUCLEARES NON


Fai xa mais de 30 anos algúns xa protestamos contra das nucleares, contra a nuclear que nos querian poñer en Xove, logo contra dos verquidos radiactivos na fosa atántica, e a partir de ahí seguimos as protestas contra distintas formas peligrosas da enerxía nuclear.

E porque consideramos a enerxía das centrais nucleares demasiado peligrosa, que solo beneficia as grandes eléctricas e as industrias armamentísticas. Así tuvemos os accidentes de Cofrentes, Garoña, Chernobil, e o mais recente da xaponesa Fukushima. Aparte xa das bombas nuclesares de Hiroxima e Nagasaki.

Esto non quere decir que outros usos de elementos nucleares para fines médicos e pácificos sexan válidos, útiles e benificiosos para a humanidade, mais en canto a enerxía, algún pensamos que se ten que ir as menos contamiñantes e peligrosas, como o vento, o sol, a biomasa, a maremotriz, entre outras.

Un saúdo.

viernes, 15 de abril de 2011

CONTRA DAS GUERRAS


Estou tranquilamente pintando no meu taller algo relacionado co bo tempo que estamos a ter, coa entrada da primaveira, con cores amables que reflicten unha certa paz interior-exterior, coas agradables cousas que ten a vida.

De pronto o cambiar de emisora na radio, collo unha que está dando noticias de guerras, de mortes, de destruccións, en Serra Leona, Libia, outro ataque de Israel a Palestina, con mortes de civiles, de persoas que queren escapar das bombas, das balas, da destrucción e acaban sendo tamén victimas das malditas guerras.

Con cabreo e rabia teño que cambiar o que estaba pintando por outra cousa que unha vez mais sirva para decir non as guerras e si a paz.

Un saúdo.

miércoles, 13 de abril de 2011

FORO DE DEBATE EN ACHEGARTE



Xa publicaron as conclusións do foro de debate de ACHEGARTE, donde participei xunto con outros compañeiros e compañeiras, nun exercicio de compromiso e liberdade, neste tempos difíciles para a arte e a cultura, xa que algunhas institucións solo pensan en grandes concertos, grandes eventos, case todos de fora, e apenas apoian a cultura que se fai no noso Pais.



De ahí que sexa cada vez mais necesario a existencia deste foros, donde se achegan directamente por parte dos creadores, a situación das artes e da cultura nosa e as posibles solucións. Así entre as miñas aportacións están :



Ter mais en conta as propostas de grupos de artistas e asociacións, promocionadoas e divulgandoas, abrir mais espazos e utilizar mais os xa existentes para dar cabida a esas propostas, acercándoas mais os públicos. Facer interrelacións con outras propostas de sectores artísticos, como os da póesía, teatro, contacontos, intervencións en espazos. Fomentar mais o intercambio con artistas e propostas doutras cidades e paises, como Portugal.



Un saúdo.



sábado, 9 de abril de 2011

" ACHEGARTE"


Tuvoi lugar fai uns días a feira da cultura galega "ACHEGARTE", na Coruña, organizada pola Concellería de Cutura, que ben dirixe Mª Xosé Bravo, e distintas asociacións da cultura, e que logrou xuntar alí a distintos sectores profesionais relacionados coa cultura galega, como escritores, música, poética, ilustración, artes plásticas, asociacións culturais, asociacións de diversas actividades relaciónadas coa cultura, fundacións, etc.
Así pois un amplo abano de posibilidades, de innovacións, de propostas, mais sobre todo de creatividade viva da xente do noso Pais. Algo que contrasta sin embargo co pouco apoio institucional que recibe a nosa creación, xa que algúns (os da Xunta atual) empeñánse en que cultura e o que xira entorno o Xacobeo, a cidade da cultura, os os grandes eventos e espetáculos.
Cousa mois distinta do que había en Achegarte, cultura feita polos sectores profesionais, que ademais houbo debates, mesas de traballo, para logo dar lugar a un manifesto, e as conclusión dos distintos foros abertos a participación da xente implicada na cultura, coas súas aportacións e inquedanzas. Todo un exemplo a seguir en sucesivas convocatorias, que cada vez ademais teñen mais éxito.

lunes, 4 de abril de 2011

A MÚSICA NA ARTE


A música e a arte, teñen cousas en común, como ritmos, interpretacións, composicións, variacións, expresións..., ademais as dúas forman parte da expresividade e sensibilidade humana.

E fai uns días inaugurouse precisamente con este nome : A MÚSICA NA ARTE, unha exposición de arte colectiva na Coruña en Portas Ártabras-Amigos dos museos de Galiza, donde paticipo xunto a outros amigos e colegas, e donde dende distintas interpretacións os artistas participantes facemos unha reflexión fundamentalmente pictórica sobre esta relación.

Tamén case sempre, os artistas plásticos, mentras traballamos en solitario nos nosos talleres, escoitamos música, música diversa, dende folk, clásica, jazz, pop, rock, ... que nos axuda no proceso inspirativo e creativo, tendendo pontes e achegamentos nos resultados dese proceso creativo.

Así pois unha exposición interesante, diversa, creativa, que relaciona e fai unha homenaxe a música diversa que nos acompaña, que nos suxire, que nos axuda na inspiración e creación.

Un saúdo