domingo, 28 de noviembre de 2010

XA QUEDOU MONTADA A EXPOSICIÓN


A miña exposición, "SONS DAS AUGAS", xa quedou montada na Galería Borrón 4 de Cambados. Ata alá acompañamos os cadros, eu mais Nando, facendo unha viaxe pola beira da Ría de Vilagarcía, unha viaxe tranquila e de recordos, o pasar por Padrón, Cesures, Catoira, Carril, Vilagarcía, e logo Cambados. As paradas para ver o mar, que estaba tranquilo nestes días de frio, as cores do mar reflectían tamén as cores dos cadros da auga, acompañados estes pola música, que tamén a nós nos acompañou na viaxe.
Logo en Cambados, encontros e recordos, alí mentras colocabamos as obras, estaba Luis o Galerista, charlamos de diversos temas, e logo apareceu como por arte de maxia, o pintor Lino Silva, toda unha institución en Cambados, e recordamos tempos de encontros nos 80 en Compostela, e outras historias mais, mentras os cadros iban buscando os seus espazos nas paredes da Galería.
Un saúdo.

1 comentario:

  1. Velaquí algo que é máis ca un blog, un libriño de lembranzas que dá conta de momentos vividos e compartidos, coma este que describes. Para min tamén foi unha xornada inesquecible. Unha aperta e que a nosa amizade traia moitos intres coma o do xoves.

    ResponderEliminar