domingo, 28 de noviembre de 2010

A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN


E logo o día 26 foi a inauguración, ou como mellor me gusta a mín a apertura da exposición, ata Cambados desplazamonos dende Compostela, eu, Livi, Maribel e Nando, nunha viaxe de charla e tranquilidade. Xa en Cambados, na Galería a exposición ben colocada e luminosa, grazas o bon traballo do galerista Luis Silvoso, co cal falamos de diversos temas, presenteille os compañeiros-as, alí tamén estaba a muller e un irmán de Luis, e logo viñeron compañeiros dos tempos de pintura, como Saúl Otero e Guillermo Pedrosa. O tempo foi pasando , entre charlas, recordos, diversas fotos, viños e pinchos, mirando as miñas obras, e falando das mesmas, e tamén mirando diversas obras do fondo da Galería, falando de outros artistas e xente que non pudo vir. A arte pois sempre presente.
E despois a volta a Compostela, para seguir falando e reflexionando de diveros temas, e como non, da arte, nestes tempos difíciles, mais con interés , iniciativas e proxectos , para seguir traballando e logo expoñer os traballos.
Un saúdo.

1 comentario:

  1. Noraboa a ti, Nolo, e mais a Luís. Queda ben claro que, lonxe da idea dos artistas como persoas individualistas e amantes das rivalidades, existe tamén xente coma os que alí coincidimos, e que por fortuna coido que abundan máis, e demostran o seu talento sen soberbia, gabando e aprendendo da mestría allea. Eu, dende logo, voltei de Cambados cunha enerxía renovada e co anceio de seguir creando para poder compartir cos demais o que estas mans e maxín dean en xerar. Un saúdo.

    ResponderEliminar