martes, 9 de noviembre de 2010

HOMENAXE A RICARDO CARBALLO CALERO


Era este un homenaxe merecido logo do centenario do seu nacemento, xa que o profesor Ricardo Carballo Calero, foi unha persoa que loitou sempre pola defensa do galego e da súa normalización. Foi escritor, ensinante de varias xeneracións, pensador sobre o idioma, estudioso da obra de Rosalía e outros escritores galegos, publicou numeros artigos de opinión, e tamén foi o pimeiro catedrático de Lingüistica e Literatura Galega. A súa presenza teremola a patir tamén de agora na estatua de homenaxe na avenida X.Carlos I, en Compostela, grazas a Fundación Meendinho. A miña sinxela aportación pictórica quere sumarse a estes homenaxes.
Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario