lunes, 22 de noviembre de 2010

DOS MAGOSTOS


Agora no Outono, que xa ven con frío e chuvias, e outras con temporais, os magostos como celebración popular do outono, achéganos un pouco de calor o corpo, e tamén acompañadas as castañas por outros alimentos e bebidas desta época do ano, fai que entremos en calor, ademais das boas compañías, das conversas, arredor do lume e das castañas asadas.
Castañas e castaños, froitos e árbores de tradición na Nosa Terra, e que convén manter e transmitir as novas xeracións, por eso os magostos, como celebración e referente a estación do Outono, tamén convén manter e transmitir. Poética e plástica, do lume, das castañas, das paisaxes outonais, de tempos de xuntanzas e conversas, para escorrentar os frios e as cousas malas, tempo de humanidade, de achegamentos, para superar atrancos e dificultades.
Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario