Pois seguindo comentando problemas das artes en Compostela, destacouse a desproporción que hai entre as inversións en infraestructuas culturais(como agora e o caso da Cidade da Cultura) e de grandes exposicións(algunhas sobre o xacobeo, a Cidade Interpretada, algunhas do CEGAC, entre outras moitas que se fan na nosa cidade), e a inversión, practicamente nula, que se fai nas Asociacións culturais e artísticas, o mesmo que nos proxectos dos propios artistas. Así falouse de casos concretos, como que non se fixo este ano a exposición colectiva COMPOSTELARTE, e que houbo pouco apoio para a edición do ROTEIRO ARTÍSTICO. Tamén sinalou o escultor Nando Pereiro, as dificultades que teñen os novos escultores, para mover, expoñer e difundir a súa obra, nunha cidade como a nosa de ampla tradición escultórica, e que sin embargo se gasten tantos cartos en proxectos como a Cidade Interpretada, de dudosa aceptación polo público, e donde non participou ningún artista de Compostela. Polo que se incidiu na necesidade das Institucións Composteláns, en apoiar, difundir e promocionar moito mais as artes e os artistas que traballan na nosa cidade.
Un saúdo.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario