jueves, 4 de noviembre de 2010
SOBRE OS PROBLEMAS DAS ARTES EN COMPOSTELA - I
Que a actividade artística é principalmente individual xa se sabe, mais tamén e certo que temos que xuntarnos para reflexionar, discutir , aclarar cousas, reivindicar, presentar propostas, e para esto están as Asociacións Culturais e Artísticas, que hoxe teñen diferentes dificultades para medrar e conseguir cousas e melloras para os artistas e a cultura en xeral.
Da situación da arte en Compostela, organizouse unha charla-coloquio na Asociación Cultual O Galo, aproveitando a exposición "Roteiro no Galo" de 6 artistas de Compostela, donde participaron dous deles, o pintor Nolo Suárez e o escultor Nando Pereiro, que expuseron varias cuestións relacionadas precisamente coas dificultades das Asociacións e dos artistas na nosa cidade compostelán. Seguiremos contando algo mais outro día.
Un saúdo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario