E logo o día 26 foi a inauguración, ou como mellor me gusta a mín a apertura da exposición, ata Cambados desplazamonos dende Compostela, eu, Livi, Maribel e Nando, nunha viaxe de charla e tranquilidade. Xa en Cambados, na Galería a exposición ben colocada e luminosa, grazas o bon traballo do galerista Luis Silvoso, co cal falamos de diversos temas, presenteille os compañeiros-as, alí tamén estaba a muller e un irmán de Luis, e logo viñeron compañeiros dos tempos de pintura, como Saúl Otero e Guillermo Pedrosa. O tempo foi pasando , entre charlas, recordos, diversas fotos, viños e pinchos, mirando as miñas obras, e falando das mesmas, e tamén mirando diversas obras do fondo da Galería, falando de outros artistas e xente que non pudo vir. A arte pois sempre presente.
E despois a volta a Compostela, para seguir falando e reflexionando de diveros temas, e como non, da arte, nestes tempos difíciles, mais con interés , iniciativas e proxectos , para seguir traballando e logo expoñer os traballos.
Un saúdo.