jueves, 20 de enero de 2011

A DEFENSA DAS OBRAS DOS ARTISTAS


Publicouse estes días que a escultura de Fernando Blanco, que fora encargada polo Parlamento de Galicia, durante a etapa do bipartito, logo cando chegou o PP, seica como non lle gustaba, mandouna para un vertedoiro, e alí está abondoada dende fai tempo e estragandose. O cal é unha falta de respeto para a obra dun artista, ademais de un despilfarro, xa que se invertiran no seu momento uns 60.000 €, cartos públicos que pagamos entre todos.

Dende o sector artísticos temos que ser críticos con estas actitudes de menosprecio as obras dos artistas, e si a escultura tiña algún problema debería resolverse, e logo colocala noutro sitio, pois ai espazos diversos de emplazamento sempre que haxa interés.

Feitos de este tipo, veñen a demostrarnos que algúns políticos, non teñen respeto polas obras artísticas, cando non son do seu gusto ou dos seus amigos, mais son de todos os cidadáns cando xa se convirten en públicas, e merecen un respeto e consideración.

Estas obras son pois para o disfrute dos cidadáns, para promocionar ou valorar o artista que a fixo, para poñer en valor o noso patrimonio cultural actual, e non pode depender dos caprichos dos políticos de turno.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario