miércoles, 12 de enero de 2011

XA INAUGURARON A CIDADE DA CULTURA

Aínda que non teñen rematados os edificios previstos, o goberno actual galego parece que tiña presa xa en inaugurar a Cidade da Cultura, que sempre tuvo as súas contradicións e polémicas. Agora tamén, xa que contrasta o que din de inaugurar con austeridade, cando xa levan gastado catro veces mais do presuposto inicial, e cada vez hai mais gastos.
Os edificios impresionantes eso sí, mais sin moita funcionalidade, mais ben unha obra grandilocuente, sin precisións sobre os contidos , os gastos e as dedicacións. Outra vez falta transparencia, cousa que dende o inicio, cos malgastos, empresas de ocasión, postos a dedo, etc., fixeron que a idea de Fraga e os seus, sin contar coa sociedade e a cultura galega, esté sempre chea de polémica e non fose ben aceptada por sectores da cultura.
Mais está ben que polo menos se comenze a dar a coñecer a cidadanía e a outros paises, pero sin triunfalismos como fai o goberno da Xunta, e mais pensando tamén nos creadores galegos, que traballan a cotío, e teñen dificultades para mostrar as súas obras e proxectos, que sempre nos dín por falta de cartos, e logo aquí coa Cidade da Cultura, gastase o que faga falta. OUTRA VEZ se lle dá mais importancia o continente que o contido.
Sería bó que contasen mais cos creadores, coas súas asociacións, e que implicaran a xente da cultura e da sociedade, para darlle sentido e galeguidade, a algo que pagamos entre todos nós.
Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario