Temos nestes tempos de inverno, a planta mais caracteristicas dos nosos montes, o toxo, en floración, cos alecríns de cor amarelo que destacan entre os verdes variables dos toxos e das outras plantas dos nosos montes.
O toxo, considerados por uns, despreciado e ignorado por moitos, sigue brotando e mostrando todo o seu explendor coas súas frores, ocupando ademais cada vez mais terras, o ser estas en moitos casos abandoadas de tarefas agrícolas e gandeiras.
Mais aquí interesame resaltar a súa plasticidade e emotividade, e o achegamento a unha planta silvestre, que nace e desenrolase en total liberdade, que ten os seus contrarstes, atrae cando está en flor, mais rechaza polas súas espiñas. Unha dualidade de amor-odio, mais unha poética, entre espiñas , frores, como a propia vida, entre tristezas, alegrías, entre fracasos, acertos.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario