sábado, 29 de enero de 2011

HOMENAXE A NEIRA VILAS


Estes días cumprense xa 50 aos da publicación do libro importante do escritor Neira Vilas, "Memorias dun neno galego", libro fundamental na literatura galega xa que anota as caracteristicas rurais do noso Pais, o mundo do campo, nunha época determinada.

Neira Vilas que estuvo emigrado moitos anos en Arxentina e Cuba, alí desempeñou distintas funcións, mais sempre vinculado a cultura galega, a literatura, a cultura dos emigrantes galegos, formando parte das súas tertulias, grupos e asociacións culturais, amigo persoal de outros escritores e artistas , como no caso de Luis Seoane, que publicou libros de Neira Vilas, e ademais fixo a portada concretamente deste libro o que se lle rinde agora homenaxe.

Logo fai anos voltou a Galiza, xunto a súa muller, a escritora Anisia (recentemente falecida), e puso en marcha a fundación que leva o seu nome, na súa aldea natal de Gres, en Vila de Cruces, donde acumulase gran parte do seu traballo literario, biblioteca, museo, salón de actos, co cal sigue a ser un dinamizador da cultura galega e un patrimonio cultural importante.

martes, 25 de enero de 2011

FLORECEN OS TOXOS


Temos nestes tempos de inverno, a planta mais caracteristicas dos nosos montes, o toxo, en floración, cos alecríns de cor amarelo que destacan entre os verdes variables dos toxos e das outras plantas dos nosos montes.

O toxo, considerados por uns, despreciado e ignorado por moitos, sigue brotando e mostrando todo o seu explendor coas súas frores, ocupando ademais cada vez mais terras, o ser estas en moitos casos abandoadas de tarefas agrícolas e gandeiras.

Mais aquí interesame resaltar a súa plasticidade e emotividade, e o achegamento a unha planta silvestre, que nace e desenrolase en total liberdade, que ten os seus contrarstes, atrae cando está en flor, mais rechaza polas súas espiñas. Unha dualidade de amor-odio, mais unha poética, entre espiñas , frores, como a propia vida, entre tristezas, alegrías, entre fracasos, acertos.

Un saúdo.

domingo, 23 de enero de 2011

VEÑEN TEMPOS FRÍOS


Están a vir tempos fríos, o corpo enlentece, as mans agarrotanse, mais as ideas seguen a brotar, frios de mañán e noites, no mediodía algo de sol para facer algo mais levadeiro este frío invernal.

A vida artística e cultural, sigue sin grandes novedades, parece que o frío tamén afecta a actividade cultural, ou tamén tempo en que aproveitase para madurar ideas e proxectos, que tamén fai falta, e tempos para reflexionar, sobre os próximos traballos.

Mais o importante e seguir, aínda que soio sexa co pensar, ou escribir algo, e poñer algunha imaxe, como estas liñas que escribo agora para que non se entumezan as máns.

Un saúdo.

jueves, 20 de enero de 2011

A DEFENSA DAS OBRAS DOS ARTISTAS


Publicouse estes días que a escultura de Fernando Blanco, que fora encargada polo Parlamento de Galicia, durante a etapa do bipartito, logo cando chegou o PP, seica como non lle gustaba, mandouna para un vertedoiro, e alí está abondoada dende fai tempo e estragandose. O cal é unha falta de respeto para a obra dun artista, ademais de un despilfarro, xa que se invertiran no seu momento uns 60.000 €, cartos públicos que pagamos entre todos.

Dende o sector artísticos temos que ser críticos con estas actitudes de menosprecio as obras dos artistas, e si a escultura tiña algún problema debería resolverse, e logo colocala noutro sitio, pois ai espazos diversos de emplazamento sempre que haxa interés.

Feitos de este tipo, veñen a demostrarnos que algúns políticos, non teñen respeto polas obras artísticas, cando non son do seu gusto ou dos seus amigos, mais son de todos os cidadáns cando xa se convirten en públicas, e merecen un respeto e consideración.

Estas obras son pois para o disfrute dos cidadáns, para promocionar ou valorar o artista que a fixo, para poñer en valor o noso patrimonio cultural actual, e non pode depender dos caprichos dos políticos de turno.

Un saúdo.

lunes, 17 de enero de 2011

COMEZA A ANDAR "GALIZA CULTURA"


E sempre unha boa noticia a nova creación dunha asociación cultural, e mais neste caso , que o que se forma e a coordinadora de asociacións culturais, "Galiza Cultura", entre asociacións culturais que algunhas levan xa case 50 anos de existencia como O Galo, e outras tamén antiguas como O Facho, Alexandre Bóveda entre outras.

Así o traballo das asociacións culturais das que falmos, foi en todo este tempoi mpulsar a cultura e as artes, dende tempos complicados, na defensa da nosa lingua e a nosa cultura en xeral e diversa, para integrar e comunicar as persoas de forma activa e participativa, e non como fan certas institucións, que solo pensan en grandes eventos, e nun publico consumista e pasivo.

Por eso e unha boa nova a constitución de esta coordinación, Galiza Cultura, para impulsar mais a riqueza e diversidade da nosa cultura e das nosas artes, para que os nosos creadores poidan mostrar os seus proxectos e os seus traballos, e que estes teñan presencia e o recoñecemento que se merecen.

Un saúdo

miércoles, 12 de enero de 2011

XA INAUGURARON A CIDADE DA CULTURA


Esta é a imaxe para o meu artigo de opinión sobre a Cidade da Cultura, da cal seguirei opinando e reflexionando en mais ocasións.

Un saúdo

XA INAUGURARON A CIDADE DA CULTURA

Aínda que non teñen rematados os edificios previstos, o goberno actual galego parece que tiña presa xa en inaugurar a Cidade da Cultura, que sempre tuvo as súas contradicións e polémicas. Agora tamén, xa que contrasta o que din de inaugurar con austeridade, cando xa levan gastado catro veces mais do presuposto inicial, e cada vez hai mais gastos.
Os edificios impresionantes eso sí, mais sin moita funcionalidade, mais ben unha obra grandilocuente, sin precisións sobre os contidos , os gastos e as dedicacións. Outra vez falta transparencia, cousa que dende o inicio, cos malgastos, empresas de ocasión, postos a dedo, etc., fixeron que a idea de Fraga e os seus, sin contar coa sociedade e a cultura galega, esté sempre chea de polémica e non fose ben aceptada por sectores da cultura.
Mais está ben que polo menos se comenze a dar a coñecer a cidadanía e a outros paises, pero sin triunfalismos como fai o goberno da Xunta, e mais pensando tamén nos creadores galegos, que traballan a cotío, e teñen dificultades para mostrar as súas obras e proxectos, que sempre nos dín por falta de cartos, e logo aquí coa Cidade da Cultura, gastase o que faga falta. OUTRA VEZ se lle dá mais importancia o continente que o contido.
Sería bó que contasen mais cos creadores, coas súas asociacións, e que implicaran a xente da cultura e da sociedade, para darlle sentido e galeguidade, a algo que pagamos entre todos nós.
Un saúdo.

sábado, 1 de enero de 2011

UN PRIMEIRO DE ANO CURIOSO


Pois sí que é curioso este primeiro de ano, o coincidir os números, 1-1-11. Espero que comeze este ano pois cheo de ilusións e esperanzas, e que se vaian solucionando problemas do paro, crisis, marxinacións, incomunicacións, faltas de apoios e axuda a creación e os creadores . Que se conte cos artistas galegos e de compostela para os distintos eventos artísticos e culturais que teñen lugar na nosa cidade.
Un saúdo e bon ano novo 2011.