jueves, 19 de agosto de 2010

OUTRA VEZ VOLVE O LUME


Si outra vez mais os incendios son noticia, polo monte que arrasan, polas vidas que destruen, polas pérdidas naturais e económicas, etc. Falla a política de prevención, con montes limpos e traballados, falla a política de concienciación para valorar o noso monte, e tamén debe fallar a política de vixianza e control, sobre os posibles incendiarios e zonas de alto risco. Así pois varios fallos que fan que os incendios sigan a destruir os nosos montes.
Dende as artes plásticas, os que somos sensibles coa arte e natureza, temos que seguir dende o noso campo, a traballar para aportar algo en defensa do noso monte, da nosa natureza e da nosa vida.
Un saúdo e por un verán sin incendios.

1 comentario:

  1. Bueno, Nolo, malia que o tema dos lumes é unha auténtica traxedia, teño que dicirche que a túa Composición dos incendios paréceme moi fermosa, cunha enerxía e vivacidade impresionantes.
    Como ben dis, a natureza en Galicia é algo que non se aprecia polos seus valores, e a ecoloxía segue a ser 'unha teima de catro tolos que non queren que se lle toque a nada, non vaia ser que llelo acaben arrebatando ós propietarios'. A realidade é que se só medimos o monte en termos de productividade. Obviando a súa importancia como seo da biodiversidade, estamos condenándoo ó abandono, porque na nosa terra estamos afeitos a coidar aquilo que produce rendibilidade, namentres que outros valores máis obxectivos e alleos ó crematístico, simplemente nos resultan inverosímiles. Só nos decatamos da inmensidade do noso patrimonio forestal, sobre todo nas cidades e urbanizacións, cando o fume e mais as lapas invaden o aire e ameazan con engulir as propiedades, respectivamente.
    Coido que a mocidade xa está concienciada respecto ó problema. Coido que se poderían xerar moitos empregos e riqueza investindo no coidado da nosa foresta. Agora só falta que os políticos e mais a sociedade en xeral se mollen, mellor sen agardar a que chegue o outono, porque logo esquécenos o asunto e voltamos ás mesmas.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar